Atelier SOCIAL

Atelier SOCIAL

Compartir

Photos from Atelier SOCIAL's post 20/11/2025

Hai voces pequenas que contan cousas moi grandes. 🌟

O Día dos Dereitos da Infancia recórdanos que escoitalas non é un xesto de amabilidade, senón un dereito recoñecido e irrenunciable. 🎧✨

PARTICIPAR significa poder entender, opinar, dialogar e decidir. 🗣️💭, significa que o mundo adulto lles abra portas e elimine barreiras. 🚪🔓

Desde acompañamos procesos nos que nenos, nenas e adolescentes poden ser elas mesmas, onde cada proposta conta e cada opinión constrúe. 🤲👧🏽🧒🏼👦🏾

Celebramos a súa forza esta data, pero tamén reclamamos o seu espazo, porque un futuro xusto só é posible cando as súas voces se escoitan alto, claro e con respecto todos os días. ✨📣💛

Photos from Atelier SOCIAL's post 26/07/2025

LOPIVI: Unha chamada a crear contornas nas que a infancia se sinta segura, coidada e escoitada.

Actividades culturais, deportivas, campamentos, ludotecas…

A protección da infancia NON se limita ao horario escolar.

📍 Desde Atelier Social traballamos con administracións, clubs e entidades sociais para que poidan aplicar a LOPIVI tamén na educación non formal, e no ámbito deportivo, con criterios claros, formación específica e protocolos útiles.
Porque un espazo seguro non é só un lugar sen violencia.
É un lugar onde hai coidado, participación e bo trato real.

📩 Se organizas actividades para menores e queres avanzar na prevención e protección, falemos e fagamos realidade o dereito das nenas e nenos a medrar seguros.

Photos from Atelier SOCIAL's post 21/06/2025

📍 Tui e O Rosal camiñan cara a ser Cidades Amigas da Infancia 👧👦

Estes dous concellos veñen de aprobar en pleno e por unanimidade os seus plan locais de infancia e nós temos a sorte de acompañalos no proceso 💼💙
💡 Porque atender os dereitos da infancia require planificación, e facelo ben implica metodoloxía, tempo, participación e compromiso real.
🔎 Durante este camiño encargámonos de:
✅ Diagnosticar a situación da infancia
✅ Elaborar a proposta técnica factible
✅ Definir medidas adaptadas á realidade local
✅ Apoiar ao persoal técnico e político
✅ Dinamizar da participación
Non tratamos de buscar fórmulas revolucionarias, senón de facer ben o importante: escoitar, entender e construír políticas reais para as nenas e nenos baseadas na realidade do territorio.
🤝 Parabéns aos concellos de Concello de Tui e Concello do Rosal polo seu compromiso coa infancia.

Photos from Atelier SOCIAL's post 26/11/2024

Neste , día internacional contra a violencia de xénero, dende Atelier SOCIAL poñemos o foco na que sufren nenas e mozas cada día.

¿Quieres que tu empresa sea el Arte Y Entretenimiento mas cotizado en Vigo?
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.

Dirección


Vigo
36203

Horario de Apertura

Lunes 09:00 - 17:00
Martes 09:00 - 17:00
Miércoles 09:00 - 17:00
Jueves 09:00 - 17:00
Viernes 09:00 - 17:00