AGAMFeC

AGAMFeC

Compartir

A AGAMFEC é unha asociación médica científica e profesional, sen ánimo de lucro, que vela polo adecuado desenvolvemento da Medicina Familiar e Comunitaria en Galicia. É algo máis ca unha axencia prestadora de servicios ou que unha asociación defensora de intereses corporativos. Pretende reunir e representar a todo o colectivo médico de Atención Primaria e servir de canle para asumir a corresponsab

05/06/2026

📅 Día Mundial do Medio Ambiente: unha chamada á acción desde a Medicina Familiar e Comunitaria:

Desde o Grupo de Traballo de Saúde Planetaria de AGAMFEC,queremos lembrar que cada 5 de xuño celébrase o Día Mundial do Medio Ambiente, unha data que invita a reflexionar sobre a estreita relación existente entre a saúde humana e a saúde dos ecosistemas. Nos últimos anos, a evidencia científica consolidou unha idea que xa non admite discusión: a crise climática e a deterioración ambiental representan unha ameaza crecente para a saúde das poboacións e constitúen un dos maiores desafíos sanitarios do noso tempo.

As ondas de calor máis intensas e prolongadas, a contaminación atmosférica, os incendios forestais, a perda de biodiversidade, a escaseza de auga ou a expansión de vectores transmisores de enfermidades teñen repercusións directas sobre a morbimortalidad dos nosos pacientes.

As persoas maiores, os nenos, os pacientes con enfermidades crónicas, as persoas en situación de vulnerabilidade social e quen vive en contornas máis desfavorecidas son especialmente sensibles para estes efectos.

A Atención Primaria atópase nunha posición privilexiada para identificar e abordar estes riscos.

Podes ler o texto completo en agamfec.com

21/05/2026

⏳ ⏳ Últimos días para inscribirse nas XXVIII XORNADAS AGAMFEC de 29 e 30 de maio na Coruña.
Estas Xornadas, co lema “O desafio de seguir coidando”, son unha boa razón para que médicos e médicas de familia apaixonados pola atención primaria volvamos a estar xuntos.

📽️ Dentro das Xornadas podes asistir á proxección do documental “Expedición Mental”. Aberta ao público xeral con debate, un espazo de reflexión e diálogo arredor da saúde mental e da prevención do suicidio, desde unha perspectiva rigorosa, médica e social.

Esperámosvos na Coruña!

+Info e inscricións en agamfec.com

¿Quieres que tu consultorio sea el Clínica mas cotizado en Vigo?
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.

Categoría

Dirección


Rúa Menéndez Pelayo 32-34
Vigo
36211

Horario de Apertura

Lunes 10:00 - 13:00
Martes 10:00 - 13:00
Miércoles 10:00 - 13:00
Jueves 10:00 - 13:00
Viernes 10:00 - 13:00