Emprende na rede
emprendenarede.es nace para dar apoio ao Servizo de Asesoramento a Emprendedoras/es a través de internet. Este proxecto desenvólvese no seo da Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo e ten como obxectivo axudar ás persoas que queiran pór en marcha un proxecto empresarial. Ofrecemos, a través deste servizo gratuíto, información e asesoramento a nivel técnico, empresarial, legal, fiscal… para
03/09/2025
🌾 Subvencións “Territorio Cultura” 2025: máis cultura no rural galego!
A Xunta de Galicia, a través de AGADIC, abre unha nova liña de axudas para ampliar e diversificar a oferta cultural en áreas non urbanas, impulsando a creación contemporánea, o emprego no sector e o acceso da cidadanía á cultura.
📌 Quen pode solicitalas?
Persoas autónomas, empresas privadas, asociacións e fundacións con actividade cultural e sede en Galicia (ou UE/EEE) desde hai polo menos un ano.
🎭 Proxectos subvencionables:
Innovación, investigación e experimentación cultural no territorio
Educación, mediación artística e patrimonial
Difusión do patrimonio inmaterial
Eventos culturais: festivais, exposicións, actividades artísticas
Formación e reforzo de capacidades de axentes culturais no rural
⚖️ Condicións:
Proxectos en concellos de menos de 10.000 habitantes (ou ata 30.000 con densidade
07/08/2025
⛽Axudas para a modernización das estacións de servizo no rural 2025
Se es autónomo/a ou tes unha pequena empresa que xestiona unha estación de servizo nun concello galego con menos de 20.000 habitantes, podes solicitar estas axudas para modernizar o teu negocio.
Actuacións subvencionables:
• Compra de software e equipamentos dixitais
• Sistemas de pagamento (TPV, apps, tecnoloxía contactless…)
• Melloras en seguridade (vídeovixilancia, alarmas, SAIs, grupos electróxenos…)
• Formación do persoal
• Obras necesarias para a instalación dos sistemas
Requisitos:
• Estar dado/a de alta na CNAE 47.30
• Ter mínimo 2 persoas contratadas de maneira indefinida (ou 1 se o concello ten menos de 2.000 habitantes)
• Estación inscrita no Rexistro de Instalacións de Distribución polo Miúdo
Contía:
• Ata o 50 % do investimento, cun máximo de 30.000 €
• Ata o 80 % no caso de grupos electróxenos (máx. 5.000 €)
📅Prazo ata o 25 de agosto de 2025
Consulta a orde e accede á solicitude: código de procedemento IN519F
Para asesoramento: 986 42 33 66
30/07/2025
🔬 Programa Investigo 2025: axudas á contratación de persoas mozas en proxectos de I+D+i en Galicia!
Estás a impulsar iniciativas de investigación ou innovación? Este programa permite contratar persoas mozas cualificadas (de 16 a 30 anos) durante 12 meses, con axudas para cubrir os custos laborais.
Actividades subvencionables:
Proxectos relacionados con sanidade, transición ecolóxica, economía verde, dixitalización, enxeñaría de datos, ou investigación social, cultural ou artística.
Beneficiarios:
Empresas, centros de I+D+i ou entidades sen ánimo de lucro con sede en Galicia, que desenvolvan proxectos innovadores e contraten persoas mozas desempregadas a tempo completo e con contrato indefinido.
💶 Contías:
• 22.405,94 € por contrato (grupos de cotización 5 a 9)
• 33.108,84 € por contrato (grupos de cotización 1 a 4)
Ata 3 contratacións por entidade!
📅 Prazo ata o 8 de agosto de 2025. Os contratos deben iniciarse antes do 30 de setembro.
Non se subvencionan contratos a tempo parcial, de duración inferior a 12 meses, ou fixos descontinuos.
As axudas concédense por orde de solicitude ata esgotar o orzamento.
Código de procedemento: TR349V
Máis info e asesoramento: 986 42 33 66
\
28/07/2025
🐟 Bonos Peixe 2025: descontos para impulsar o consumo de peixe e marisco fresco en Galicia!
A Xunta pon en marcha unha nova edición do programa Bonos Peixe para incentivar a compra de peixe e marisco nos comercios retallistas galegos.
🛒 Os comercios poden adherirse desde o 11 de xullo, e os bonos estarán dispoñibles para as persoas consumidoras a partir do 25 de xullo.
👥 Quen pode participar?
• Peixarías e venda ambulante de peixe e marisco que desenvolvan a súa actividade en Galicia e estean inscritas no REGASA.
📍 Adhesión a través de www.bonopeixe.gal
💳 Como funcionan os bonos?
• Descontos do 25 % nas compras de peixe e marisco fresco, ata 5 € por semana.
• Se non se usan, acumúlanse ata un máximo de 25 € semanais e 50 € por persoa durante toda a campaña.
📆 Prazo de adhesión para os comercios: ata o 1 de outubro de 2025 ou ata esgotar fondos.
📲 Consulta máis info na orde publicada (código PE113H) e chama ao 986 42 33 66 se precisas axuda coa tramitación.
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.
Categoría
Página web
Dirección
Hispanidad, 17
Vigo
36203
Horario de Apertura
| Lunes | 09:00 - 14:30 |
| Martes | 09:00 - 14:30 |
| Miércoles | 09:00 - 14:30 |
| Jueves | 09:00 - 14:30 |
| Viernes | 09:00 - 14:30 |