ensaia

ensaia

Compartir

Somos un movemento social que, en forma de comunidade e cunha visión de longo prazo, busca visibilizar e impactar positivamente no talento de Galicia.

Photos from ensaia's post 29/04/2026

Afondamos con Montse Piñeiro na súa fascinación polo analóxico e a importancia de recuperar a ollada curiosa sobre o funcionamento físico do mundo.

Unha aposta pola técnica artesá que foxe da sobreestimulación dixital para reivindicar o aburrimento, a observación da natureza e a introspección como as fases necesarias onde realmente quenta o motor da creatividade.

A artista tamén comparte a súa visión sobre a democratización da cultura co seu proxecto Lanterna Máxica, unha iniciativa que busca levar a cultura a calquera recuncho fóra das grandes cidades. Monste defende unha arte accesible, capaz de facerse sen grandes medios técnicos pero con moito impacto emocional.

Unha conversa inspiradora que podes saborear aquí e desfrutar completa na túa plataforma favorita.

📸

Photos from ensaia's post 28/04/2026

Entrevistamos a Montse Piñeiro (), artista plástica e creadora escénica.

Unha conversa que nos ensina que a arte é unha ferramenta fundamental para facer do mundo un lugar un pouco máis amable.

Finalista da «Bolsa ensaia» en 2024 polo seu talento e capacidade investigadora, fálanos sobre a importancia de habitar o aburrimento para cultivar a creatividade.

Xa dispoñible 💧

🎤
📸

24/03/2026

Unha sorte escoitar a unha das voces máis xenuínas e potentes da narrativa galega actual:

A través da súa obra, convídanos a desacostumar a mirada para descubrir o misterio e a fascinación que se agochan no que damos por feito.

Coa sorte de coñecela por ter sido finalista da «Bolsa ensaia» en 2023 polo seu talento investigador e literario, fala da épica do invisible. Premio García Barros en 2025 coa obra «Punto de araña» que está a traducirse a cinco idiomas, invítanos a entender a escrita como un acto de amor destinado a impactar positivamente no mundo.

Corenta minutos de agasallo que xa podes desfrutar na nosa bio💧

| Entrevista:
| Foto:
| Agradecemento:

¿Quieres que tu empresa sea el Arte Y Entretenimiento mas cotizado en Vigo?
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.

Dirección


Avenida Atlántida 160
Vigo
36208