CORUXO F.C.

CORUXO F.C.

Compartir

07/07/2026

🚨 𝐎𝐅𝐈𝐂𝐈𝐀𝐋 | 📣 Dani Rosas continuará no Coruxo FC.

O dianteiro centro de 21 anos, con contrato en vigor para esta tempada, continuará defendendo a camisola verde.

O atacante afronta este novo curso coa ilusión na procura de continuidade, seguir medrando, contribuír co seu traballo e achegar goles ao servizo do equipo.

Imos con todo Dani!💚💪🏻✈️

07/07/2026

𝐆𝐑𝐀𝐙𝐀𝐒! Breo Sío e o Coruxo FC separan os seus camiños tras chegar a un acordo entre ambas partes.

Queremos agradecerlle o seu compromiso, profesionalidade e dedicación durante toda a súa etapa no club desde a súa chegada.

Desexámoslle a maior das sortes, tanto a nivel persoal como profesional, na súa nova etapa.

Moita sorte e grazas por todo, Breo! 💚

06/07/2026

🚨 𝐎𝐅𝐈𝐂𝐈𝐀𝐋 | Iker Rodríguez é novo xogador do Coruxo FC 💚

O centrocampista, de 19 anos, chega procedente do Gran Peña, tamén competiu na Segunda Federación coa SD Sarriana a pasada tempada.

Destaca pola súa calidade técnica, o seu criterio con balón e un magnífico golpeo. Un futbolista comprometido, solidario co equipo e cun enorme potencial para seguir medrando.

Benvido a O Vao, Iker! Imos xuntos! 💚

03/07/2026

🚨🚨 𝐎𝐅𝐈𝐂𝐈𝐀𝐋 | 📣 David Fernández, novo reforzo para Javi Pereira.

David Fernández (25 anos) incorpórase ao noso proxecto tras acadar o ascenso á Primeira Federación co histórico Real Unión de Irún a pasada tempada.

Central ou pivote, destaca pola súa fortaleza no un contra un, a saída de balón e o dominio do xogo aéreo.

Benvido a O Vao, David. Esta xa é a túa casa 💚

¿Quieres que tu empresa sea el Gimnasio mas cotizado en Vigo?
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.

Categoría

Dirección


Vigo