A Naturoteca

A Naturoteca

Compartir

Inspirándonos nos principios da Permacultura que se fundamentan no coidado das persoas e a natureza.

04/05/2026

☀️ Naturoteca de Verán 2026💦

🌱 Ca ilusión de seguir un ano mais...
E xa van 6!! 🙏💚
Consulta prazas dispoñibles e mais información en :
✉️ [email protected]
Na Naturoteca co-habitamos o espazo . Unha illa de diversidade a menos de 10 min do centro de Vigo.
Un lugar onde vincularnos co proceso de Rexeneración Natural e tamén ofrecer Ambientes preparados para o Xogo.
Procuramos unha atmósfera onde se suceda o Xogo Libre e Espontáneo e noutros momentos convidamos a realización de actividades:
🦋Obradoiros de creación e educación ambiental
🐸 XOgo dramático na Natureza
⭕ Artes Plásticas e Visuais
🍋🍉 Cociña colectiva
🤝 Dinámicas e xogos cooperativos
💚 Autocoidados e Ferramentas para a Convivencia
👣👣Excursións pola contorna

💮🌸... e moita escoita ó presente!

🙃 para a rapazada 10 - 15 anos que quere seguir na Naturoteca propomos grupo do 18 ó 28 de Agosto!





educaciónenlanaturaleza
forestschool

Photos from A Naturoteca's post 26/09/2024

Con morriña e agradecemento deste Verán 24 en Naturoteca.
Canta maxia nos comparte a infancia!
💚Agradecidas de corazón as familias por confiarnos o coidado das súas crianzas.
🌱Privilexiadas de co-habitar o Oasis de Rexenaración que é o espazo e a contorna de Sárdoma|Castrelos.
🟢Equipa que aprende e segue soñando Naturoteca. Porque programamos e nutrímonos para ter recursos, pero sobre todo, escoitamos cada día con máis respeto e atención.
🍁🍂Cambio de estación e co foco no que está por vir.
🐸Seguimos ca Tribu de Xogo na Natureza dos Xoves!
[email protected]

16/03/2024

Alí estaremos 💚🌱

📣 Vives na Comarca de Chantada ou na Terra de Lemos? Preocúpache o desenvolvemento do teu territorio? Gustaríache poder vivir e traballar na túa zona?

📅 O vindeiro mércores 20 de marzo ás 11:30 h., presentaremos o proxecto COMUNIDADES DE EMPREGO E EMPRENDEMENTO RURAL SOSTIBLE, financiado por por + e a Fundación MAPFRE.

🗣 Falaremos sobre as oportunidades das nosas comarcas e coñeceremos proxectos tan interesantes como a de Montes de Couso, Álcalis Studio, Puluan ou Piel Natura.

Tamén nos acompañarán: GDR Asociación Miño Ulla , Asociación de Empresarios de Chantada e CCA Ribeira Sacra, GDR Ribeira Sacra - Courel , Fundación Laboral de la Construcción Galicia (LUGO).

💙💚Vémonos no Auditorio do Concello O Saviñao, en Escairón.

🏠Se vives en algún destes Concellos non dúbides en asistir!

Concello Monforte de Lemos, Concello de Sober , Concello de Pantón, Concello de Bóveda, Concello A Pobra Do Brollón, Concello de Chantada, Concello de Carballedo, Concello de Taboada

Confirma a túa asistencia inscribíndote na seguinte ligazón:
https://forms.office.com/e/RdMS8yMgYk

¿Quieres que tu empresa sea el Arte Y Entretenimiento mas cotizado en Vigo?
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.

Categoría

Página web

Dirección


Camiño Monte Da Serra 38
Vigo