Imaxinatea Lab Creativo

Imaxinatea Lab Creativo

Compartir

Photos from Imaxinatea Lab Creativo's post 04/07/2026

🎭 EXPOLAB 26 · IMAXINAR, CREAR E COMPARTIR ARTE ✨

Este setembro, ImaXinatea Lab Creativo volverá abrir as súas portas a unha nova edición da mostra, transformando o noso espazo nun lugar de encontro coa creación contemporánea.

Un ano máis, a mensaxe do Día Mundial do Teatro serve como punto de partida: unha invitación a pensar a arte como espazo común, como diálogo e como impulso para crear.

🚪 Abrimos as portas a propostas que nacen da necesidade de imaxinar novas formas de expresión, compartir procesos, explorar linguaxes e facer visibles ideas que conectan co presente.

Porque o teatro e as artes tamén son isto: presenza, risco, encontro, emoción e creación compartida 🔥

Que queres imaxinar?
Que queres compartir?
Que lugar pode ocupar a arte hoxe?

🎭 EXPOLAB 26 convida a transformar esas preguntas en creación.

Tes unha proposta artística? Envíanos a túa idea. Queremos coñecela e darlle espazo.

🌿 Propostas e disciplinas:

-Teatro
-Creacións audiovisuais 📹
-Performance (pequeno formato)
-Fotografía 📷
-Carteis 🪧
-Pintura 🖼
-Moda 👗📿
-Seminarios sobre pedagoxía artística ou artes

📍 ImaXinatea Lab Creativo
📩 [email protected]

✨ Setembro será tempo de encontro, creación e arte compartida.

Photos from Imaxinatea Lab Creativo's post 02/07/2026

🎭 ÚLTIMA SEMANA DO VERÁN TEATRAL EN IMAXINATEA! 🌞✨

Chega a última oportunidade para sumarte aos nosos cursos de verán e vivir uns días diferentes, creativos e cheos de teatro.

✨ Ademais, mañá teremos a primeira mostra da primeira semana do Curso Intensivo para Adultos, ás 21:00 h en Imaxinatea. Será un pracer contar coa vosa presenza para acompañar este momento especial!

🌿 VERÁN 2026 EN IMAXINATEA

🎬 CURSO INTENSIVO DE TEATRO PARA ADULTOS
Unha proposta para explorar a interpretación, soltar o corpo, traballar a voz e compartir a experiencia teatral en grupo.

⏰ Horario: de 20:00 a 21:30 h
📆 Do 6 ao 10 de xullo
💰 130 € por semana

🎪 CAMPAMENTO TEATRAL PARA NENAS E NENOS
Un espazo para xogar, inventar historias, crear personaxes e descubrir o teatro desde a diversión.

⏰ Horario: de 10:30 a 13:00 h
📆 Do 6 ao 10 de xullo
💰 135 € por semana

⏳ Só queda esta última semana de cursos de verán… non quedes sen vivir a experiencia!

📍 Imaxinatea Lab Creativo
📧 [email protected]
☎️ 986 120 024 / 685 852 015

👉 Apúntate e ven pechar o verán teatral con nós!

21/06/2026

✨🏛🎭 *Soño dunha noite de verán* . Achegamento
dos clásicos universais á mocidade.
Gran esforzo e traballo do grupo.

20/06/2026

🎭🔍 O grupo de Avanzado mostrounos con *Punto en común*, como manter a intensidade e o ritmo, sen artificios, nunha adaptación inspirada na célebre obra *Dez negriños* de Agatha Christie, con intriga ata o final . Foi unha delicia💖

👏❤️ Parabéns ao grupo de Avanzado polo magnífico traballo realizado e a súa directora Anna Cañadillas.

FestivalTeatral ArtesEscénicas Vigo

¿Quieres que tu escuela/facultad sea el Escuela/facultad mas cotizado en Vigo?
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.

Teléfono

Dirección


Plaza Francisco Fernández Del Riego, Número 3, Local 5Calle (Exterior Plaza Elíptica)
Vigo
36203

Horario de Apertura

Lunes 09:00 - 22:00
Martes 09:00 - 22:00
Miércoles 09:00 - 22:00
Jueves 09:00 - 22:00
Viernes 09:00 - 22:00
Sábado 09:00 - 22:00