A Morada

A Morada

Compartir

05/07/2026

🎩 ESPECTÁCULO DE MAXIA CON MAGALDARA


Que pasa cando o teatro e a maxia se atopan? Pois que nace un espectáculo cheo de ilusión, humor e sorpresas.

MagAldara é unha maga e escenógrafa que descubriu o mundo da maxia durante a pandemia e, dende entón, non deixou de explorar todas as posibilidades de mesturala co teatro.

O resultado é un espectáculo pensado para todos os públicos, no que as pequenas historias, a comedia e os clásicos da maxia convídannos a mirar o mundo coa curiosidade da infancia.

📅 Martes 14 de xullo
🕣 20:30 h
🎟️ Entrada inversa
🥟 Haberá petiscos!

04/07/2026

🏍️🌍 Presentación de 'Expedición en solitario al corazón del mundo' con Paula Belenda

Paula Belenda naceu nun pobo do Bierzo e dedicou gran parte da súa vida a percorrer o mundo. Dende hai dous anos faino sobre dúas rodas, acompañada da súa moto, Freya.

Tras unha viaxe de case un ano desde a súa terra natal ata Irán, atravesando Asia Central en solitario, decidiu transformar as súas vivencias en palabras e ilustracións. Así naceu Expedición en solitario al corazón del mundo, un libro que fala de liberdade, resistencia e descubrimento persoal.

Unha invitación a viaxar sen saír da cadeira: ao interior dunha yurta a 3.500 metros de altitude en Kirguistán, a unha rúa escondida dun bazar en Irán onde arrecende a té acabado de facer, e a tantos outros lugares que marcaron o seu camiño.

📅 Luns 13 de xullo
🕗 20:00

02/07/2026

OBRADOIRO DE MINI BORDADOS EN PUNTO DE CRUZ
Con Lúa Mosquetera

Aprende a crear pequenos bordados en punto de cruz nun obradoiro creativo, relaxado e apto para todos os niveis 🌼

Podes traer unha prenda para personalizala ou bordar sobre tea. Teremos varios patróns preparados para que, ademais do que fagas durante a sesión, leves máis deseños para seguir creando na casa.

✨ Non precisas experiencia previa.

📅 Sábado 11 de xullo
🕚 De 11:00 a 13:30 h
💶 50 € (Todo o material está incluído)

INSCRICIÓNS: https://forms.gle/qUVersMxsiogcdxR7

30/06/2026

🌞 HORARIO DE XULLO NA MORADA 🌞

💦 DE LUNS A VENRES | 10:00–14:00

Só aberto o noso espazo de traballo compartido para as persoas matrocinadoras.

💦 DE LUNS A VENRES | 18:00–PECHE

Baiuca aberta, petiscos, eventos e moito ambiente... para todo o mundo! 💜

Recordade que os eventos das Tardiñas na Morada comezan ás 20:30, pero desde as 18:00 xa estaremos abertas con petiscos e ganas de festa!

💦 OS SÁBADOS DE XULLO PECHAMOS.

💦 EN AGOSTO PECHAMOS POR VACACIÓNS.

Agardámosvos nas Tardiñas! ✨

18/06/2026

No mes de xullo temos unha programación moi especial para as tardiñas: un montón de eventos para disfrutar cando volvades da praia ou do río, ou ao saír de traballar!

As propostas son moi diversas: poesía, teatro, maxia ou música 🎭🎶✨ E para acompañar esta experiencia, teremos petiscos para gozalo con todos os sentidos ! 😋

Cando nos vemos?!

.gui .atlantica .camanho

¿Quieres que tu empresa sea el Arte Y Entretenimiento mas cotizado en Vigo?
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.

Categoría

Dirección


Rúa Enrique Xabier Macías, 6
Vigo
36203

Horario de Apertura

Lunes 10:00 - 21:00
Martes 10:00 - 21:00
Miércoles 10:00 - 21:00
Jueves 10:00 - 21:00
Viernes 10:00 - 21:00
Sábado 10:00 - 14:00