Somos Xogo
Somos xogo é un proxecto de divulgación do patrimonio lúdico galego e da creatividade xogantina, no que se inclúen varias accións:
Escola do Xogar: dinamización social e escolar do patrimonio lúdico galego, para escolas, asociacións e concellos da provincia da Coruña. Feira Xogantina: Mostra en liña de asociacións, empresas, proxectos, artesáns, persoas… vinculadas ao patrimonio lúdico galego. Con
11/06/2022
Moitísimas grazas á CTNL - Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua! Que ilusión 🥰
Viva quen anda no xogo
Viva quen anda xogando
Viva quen dá vida á nosa lingua
A por de partidas botando.
10/06/2022
RESOLUCIÓN DO CONCURSO “XOGA EN GALEGO” 2022
O xurado designado para resolver o concurso de creación de xogos de mesa “Xoga en galego”, e formado por Hadrián Rei García, Sara Vieites Juanatey e Marta Ponce de León Martínez, logo de
analizar os xogos presentados, decidiu outorgar os seguintes premios:
Na categoría de participación individual ou grupo informal:
Ao xogo “Aprendices de apalpador” presentado por David Lago Simón, procedente de Vigo, e cuxas valoración son as seguintes:
Polo equilibrio entre as mecánicas de xogo propostas e a presentación estética acorde coa temática que se presenta relativa ás referencias da cultura galega vinculadas ao tempo de Nadal e á xeografía galega; pola súa rexogabilidade, que permite elaborar distintas estratexias cada vez que se xoga.
Na categoría de participación de grupos formais:
Ao xogo “Ao rescate!” presentado por Rebeca Fervenza Collazo e a aula de 4º de Primaria do CEIP San Roque de Darbo de Cangas do Morrazo, e cuxas valoración son as seguintes:
Por contar con mecánicas de xogo moi dinámicas e divertidas ao tempo que se transmiten valores sociais positivos arredor dos coidados aos animais; por ilustrar e sensibilizar sobre unha posible situación cotiá dun xeito lúdico, cunha clara vontade pedagóxica que pode ser de proveito en moitoscontextos socioculturais e educativos e para todas as idades.
Moitos parabéns aos xogos gañadores!
O xurado e a organización do concurso de creación de xogos de mesa “Xoga en galego” quere agradecer enormemente a xenerosa participación do resto das persoas, asociacións, escolas e
familias, que achegaron propostas marabillosas amosando o potencial do músculo da creatividade xogantina e a aposta por crear xogos en galego a libre disposición de quen quixer xogar.
Todos os xogos presentados estarán dispoñibles nas vindeiras semanas na web somosxogo.gal.
A organización tamén quere agradecer ao apoio dos Concello de Vigo, Ames, Oleiros e Pontevedra que, a través dos seus Servizos de Normalización Lingüística, fixeron posible esta nova edición do certame “Xoga en galego”.
Moitas grazas.
25/04/2022
Info sobre a xornada do venres 29 de abril de en Vigo ⬇️⬇️⬇️
OBRADOIRO FAMILIAR
Somos xogo! A quen non lle gusta xogar? Imos coñecer algúns dos fantásticos xogos presentados no certame "Xoga en galego!" e dar algunhas pistas para crear nos nosos propios. Comezamos a partida?
Idades: familias con crianzas de +4 anos.
Horario: de 17h a 18h15
Prazas: 30 en total (familias con crianzas).
Inscrición: chamando ao 010, a partir do 20 de abril.
---
XORNADA INFORMATIVA PARA PÚBLICO ADULTO
Xornada informativa sobre o certame DE CREACIÓN DE XOGOS DE MESA EN GALEGO, na que se achegarán recomendacións prácticas para o deseño de xogos de mesa
Horario: de 18:30 a 19:30
Prazas: 30
Inscrición: chamando ao 010, a partir do 20 de abril
Lugar: salón de actos do Verbum (avda. de Samil, 17).
Animámosvos a participar desta xornada e no certame de creación de xogos de mesa 🤗
09/02/2022
🌈 O vindeiro 24 de febreiro a equipa de andará por Vigo nas "Xornadas sobre recursos educativos para traballarmos en galego", nas que falará sobre o como recurso normalizador. O proxecto estará presente!
📌 Lembrade que ata o 20 de maio está o prazo aberto para recibir os vosos xogos de mesa e participar no concurso de creación "Xoga en galego": é unha proposta estupenda para traballar nas aulas!
Que ganiñas de ver as novas creacións! 🤗
Todas as consultas e dúbidas, aquí ➡️ [email protected]
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.
Categoría
Contacto la empresa
Página web
Dirección
Avenida Samil 17
Vigo
36212