Poio Colabora
03/12/2025
RECORDATORIO ❗
Ata o 15, gracias 🫂☺️
Onte demos comezo á campaña “Caixas da Ilusión” 📦✨
Dende Moura Teatro e Batucada Os Queimatasas queremos agradecer de corazón a todos os locais colaboradores que se suman a esta iniciativa solidaria, facendo posible que a ilusión chegue ás familias que máis o precisan en Poio.
Desde hoxe e ata o 15 de decembro podes deixar a túa achega —alimentos non perecedoiros ou produtos de hixiene— nas caixas instaladas en cada establecemento participante.
LOCAIS COLABORADORES DAS "CAIXAS DA ILUSIÓN":
• Raxó: Bar Ferretti
• Samieira: Carnicería Mary Taboada e Estanco Rodiño
• Combarro: Autoservicio Olga e nas duas igrexas
• San Xoán: Froitería Almacén, Merca Máis Seara, Bar Aquelo e Concello de Poio
• San Salvador: Mercamais Campelo, Aral Electrodomésticos (Tien21), Mercamas Porteliña e Carnicería ABarca.
Grazas pola vosa implicación e por facer comunidade.
Xuntas e xuntos facemos realidade a ilusión 🫂✨
Moura Teatro e Os Queimatasas Batucada
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.
Categoría
Página web
Dirección
Pontevedra