Desenvolvemento Local Lugo

Desenvolvemento Local Lugo

Compartir

Concellería de Desenvolvemento Local e Emprego do Concello de Lugo 💼✊

Instagram: https://www.instagram.com/desenvolvelugo/?hl=es

21/07/2025

📣⏳ Lembra! Últimos días para inscribirte en Turistalent 5.0

A aceleradora de turismo do Concello de Lugo ampliou o seu prazo ata o 28 de xullo! Se tes unha idea ou proxecto turístico innovador, sostible e con impacto… esta é a túa oportunidade! 🚀🌿

🧭 Formación
🤝 Mentorización
📍 Apoio para facer realidade o teu proxecto

🔗 https://www.desenvolvelugo.org/turistalent-5-0-a-aceleradora-de-turismo-do-concello-de-lugo-amplia-ata-o-28-de-xullo-o-seu-prazo-de-inscricion/

02/07/2025

📦 Avanzamos na implantación dun modelo de reparto urbano de última milla sostible, intelixente e inclusivo!

🚲 A través do proxecto europeo , impulsado desde o CEI-Nodus, estamos a promover un sistema de reparto en bicicleta que aposta pola redución de emisións e, ao mesmo tempo, pola inserción sociolaboral de colectivos vulnerables.

🔗 Máis info: https://www.desenvolvelugo.org/lugo-avanza-na-implantacion-dun-modelo-de-reparto-sostible-apostando-pola-inclusion-social-a-traves-do-proxecto-europeo-socilibre/

09/05/2025

🎉 Feliz Día de Europa!!

Este 9 de maio celebramos dúas datas históricas:

👉 75 anos da Declaración Schuman, semente do proxecto europeo
👉 40 anos da firma do tratado de adhesión de España á UE, un paso que mudou a historia do noso país e da nosa cidade

Desde Europe Direct Lugo queremos felicitar este día e lembrar que Europa constrúese entre todas e todos, desde o local ao global, co compromiso da cidadanía activa e informada.

💙 Feliz 9 de maio!

08/05/2025

🎉 Este venres celebramos o Día de Europa na Praza Maior de Lugo!
Desde as 16:45h teremos:
📌 Mesa informativa
🎨 Obradoiro infantil de tatuaxes
🎧 Sesión DJ con Alex Mei
📸 Concurso de fotografía dixital
🗣 Acto institucional co alcalde Miguel Fernández
🇪🇺 Izado da bandeira da UE
🧠 Desafío Europa, un xogo participativo
👗 Desfile de moda sostible con deseñadores/as lucenses

Unha xornada para compartir, celebrar e reflexionar sobre os valores que nos unen como cidadanía europea.
📲 Participa, fai a túa foto e súbea ás redes! Hai premios!

Máis Info en https://europedirectlugo.com/index.php/documents/bases-certame-de-fotografia-europadendelugo/

¿Quieres que tu organización sea el Servicio Gubernamental mas cotizado en Lugo?
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.

Dirección


Avenida Da Coruña, 500
Lugo
27003