ASPACE LUGO
👨🍳🧀 Hoxe vivimos a gran final do IX Concurso de Cociña de ASPACE Galicia, unha xornada chea de sabor, emoción e moitísimo talento!
Este ano todos os centros ASPACE desprazámonos ata Vigo para celebrar este encontro tan especial no Pazo Los Escudos Hotel Spa & Resort, onde o gran protagonista foi un produto tan noso como o queixo tetilla 🧀✨
Nesta edición vivimos un concurso moi competitivo, cun nivel altísimo que puxo moi difícil ao xurado escoller os pratos gañadores. Tanto na categoría tradicional como na de texturizados, todas as propostas estiveron á altura dun gran concurso, demostrando creatividade, esforzo e moitísimo traballo 👏✨
Queremos felicitar especialmente ás persoas gañadoras desta edición, e tamén dar as grazas aos 4 xurados increíbles que nos acompañaron nesta experiencia, así como a todas as persoas participantes, profesionais e colaboradoras que fixeron posible este concurso un ano máis 💙
Grazas por facer da cociña un espazo de inclusión, aprendizaxe e momentos inesquecibles 🥰
Dende Aspace Lugo queremos expresar o noso máis sentido pésame polo falecemento de Olga Racamonde, concelleira de Benestar.
A súa dedicación, compromiso e sensibilidade coas persoas máis vulnerables deixan unha pegada fonda na nosa comunidade. Foi unha persoa próxima, implicada e sempre disposta a traballar por unha sociedade máis xusta e inclusiva.
Enviamos unha forte aperta á súa familia, amizades e a todas as persoas que tiveron a sorte de coñecela e compartir camiño con ela.
Descanse en paz.
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.
Categoría
Contacto la organización
Dirección
Alfredo Brañas 1 Baixo
Lugo
27004
Horario de Apertura
| Lunes | 10:00 - 14:00 |
| 16:00 - 20:00 | |
| Martes | 10:00 - 14:00 |
| 16:00 - 20:00 | |
| Miércoles | 10:00 - 14:00 |
| 16:00 - 20:00 | |
| Jueves | 10:00 - 14:00 |
| 16:00 - 20:00 | |
| Viernes | 10:00 - 14:00 |
| 16:00 - 20:00 |