Foro da la

Foro da la

Compartir

O Foro da la é un encontro impulsado por Ovica - Asociación de gandeires de ovellas e cabras de Galicia, co obxectivo de visibilizar o problema da xestión da la e potenciar a súa utilización como materia prima marabillosa que é.

11/09/2025

NECESITAMOS A VOSA COLABORACIÓN

Queriamos poñer o noso gran de arena e apoiar a Palestina e para iso haberá un espazo no Foro para

A idea é que todas as persoas que queirades, saibades ou non tecer, poidades facer un pequeno detalle: unha pulseira, unha sandía pequena para facer un broche ou unha grande (ou varias!) para participar na acción craftivista e amosar o voso apoio a Palestina en redes sociais e na vida real.

En que precisamos a vosa colaboración?
- Traede restos de la que teñades na casa das cores negra, verde, branca ou vermella para tecer (o que sobre doaráse a , que estarán o sábado cun posto, e podedes traer restos noutras cores tamén para elas 🥰)
- Se sabedes facer gancho (crochet) e podedes axudar a quen non saiba vide ó foro sentarvos no espazo para tecer e se alguén o necesita botádeslle unha man. Se queredes avisarnos en que horario estaredes podemos intentar organizar para que sempre haxa alguén para botar unha man.

Nós teremos enlaces a tutoriais, ganchos e algúns restos preparados.

Vide no da la

11/09/2025

E non pode faltar no Foro da la o espazo Para Tecer e Laretar, porque todo o proceso de preparar a la, dende que se lava ata que se tece sempre se fixo comunidade, e agora os seus fíos seguen a unir a persoas ó redor dunha mesa e coas súas agullas e las.

Se sabes tecer e che apetece coñecer a outra xente ó redor da la achégate á mesa que teremos preparada coa túa labor, ou vén co teu grupo de amigas ou amigos a pasar un anaco agradable nun ambiente laneiro.

Ademáis se sabes tecer con gancho e es unha persoa solidaria atenta hoxe porque ímosche pedir colaboración!!

Tecedoras do mundo, sempre sodes benvidas!
Ovica Criadores De Ovino E Caprino

09/09/2025

Por desgracia acabamos de vivilo con incendios que arrasaron tanta superficie este verán na nosa comunidade e noutras veciñas, o gando non só non é dañino para o noso medio, senón que é necesario para o seu mantemento, pero gando en extensivo e ben xestionado. As montañas ourensás terían hoxe outro aspecto se nos seus montes pastaran rabaños de ovellas e cabras como fixeron noutros tempos.

O sábado 13 de setembro ás 17h veremos o documental Ganado o desierto, gravado en España e Portugal sobre a xestión gandeira na península.


Ovica Criadores De Ovino E Caprino

08/09/2025

O domingo 14 de setembro ás 12:30 teremos unha sesión de contacontos con Inma Soto, que vai vir contarnos cousas importantes sobre e a la que os grandes e pequenos temos que saber.

Vide escoitar a súa historia!


Ovica Criadores De Ovino E Caprino

05/09/2025

Parte do problema da devaluación da la e da falta de utilización é que os lavadoiros de la, que noutros tempos cubrían toda a xeografía española, foran desaparecendo, así que hoxe os proxectos que queren comezar a utilizar la téñeno máis difícil porque non hai onde lavala.

Pero nos últimos tempos xurdiron novas iniciativas con lavadoiros adaptados en tamaño ó volume das súas poboacións. Contaremos con representantes dos concellos de Grazalema en Cádiz e de Tagamanent en Barcelona, dous concellos que decidiron poñer en marcha lavadeiros de la nos últimos anos, falaremos con eles de que os levou a impulsalos, que atrancos atoparon e veremos como se poderían adaptar os seus proxectos para facer un futuro lavadeiro na nosa comunidade.

Non vos perdades a oportunidade de estar nun encontro coma este e falar do futuro da nosa la!

O sábado 13 de setembro, ás 18h.


Ovica Criadores De Ovino E Caprino

04/09/2025

E non pode faltar algo de música!

Esta plataforma non me deixa poñervos a súa música, pero buscade e vide ver a , ou vide directamente a descubrilos no Foro da la!

O sábado 13 ás 13.30h no noso aperitivo!

galicia

04/09/2025

A la é unha materia prima formidable, respetuosa co medio ambiente, sostible, biodegradable, e que ademáis ten moitos posibles usos, por suposto co máis coñecido, o téxtil.
Este ano abrimos un espazo para que varios proxectos que naceron en torno á la nos conten a súa experiencia.
Necesitamos darlle valor ás persoas e iniciativas que deciden apostar pola la.

Vinde escoitalos o sábado 13 ás 12h!

.galicia

03/09/2025

E o domingo ás 11 da mañá Madejas Tejerlo impartirá un obradoiro para comezar a facer o voso propio cinto de macramé.

As prazas son limitadas e para apuntarvos podedes poñervos en contacto con eles a través das súas redes sociais ou do whatsapp 611 74 54 33.

OLLO: se non estades presentes ó comezar o obradoiro a vosa praza cederáse a outra persoa que si estea no Foro. Se quedasen prazas libres tamén se cubrirán coas persoas que estean no foro.
Por favor, sede responsables e apuntádevos só se podedes asistir.

Ovica Criadores De Ovino E Caprino

03/09/2025

Imos contarvos un pouco máis das actividades do II Foro da la, comezando polo Obradoiro de Tear Celta o sábado 13 ás 11 da mañá.

Impartido por Ovellaviva, poderemos participar persoas de calquera idade (os máis pequeniños acompañados dun adulto responsable) e crearemos unhas pezas colaborativas.

Como este ano hai persoas que nos están a preguntar, imos cambiar o sistema, atentas!

Se queredes participar apuntádevos no enlace que vos deixamos a continuación, pero OLLO: se vos apuntades e non estades no foro o sábado ás 11 a vosa praza cederáse a algunha das persoas presentes. Se quedan prazas libres cubriránse tamén coas persoas que estean no foro.
Non ocupedes prazas se non podedes acudir.

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSf3Kwl_giGGqOWvrhl5XozTjOAB8xobgKty2PJiwLF9xcSn9w/viewform?fbclid=PAdGRjcAMlSq1leHRuA2FlbQIxMQABp1iXtrlVfNSy2XGmm8gSTOo1s1Konje5DmxqIM3ejVEnpEtwxOknwNby_VAX_aem_6N-ApW6km3jKDLl3BLF5PA

Ovica Criadores De Ovino E Caprino

03/09/2025

Aquí tedes o programa do II Foro da la que celebraremos en Lugo os días 13 e 14 de setembro grazas a Medio Rural, Mar e Mocidade Deputación de Lugo e

Apuntade as datas e vide visitar o foro!

Ovica Criadores De Ovino E Caprino

31/07/2025

Ei, estabamos caladiñas, pero xa tedes a confirmación: volvemos co II Foro da la este ano!!

Os días 13 e 14 de setembro poderedes pasarvos polo soto da Praza de abastos de Lugo para ver todos os usos que pode ter a la, e o ben que a usan os nosos artesáns.

Ademáis haberá máis cousiñas que vos iremos contando.

Vémonos celebrando a la xuntas!

¿Quieres que tu empresa sea el Agencia Inmobiliaria mas cotizado en Lugo?
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.

Categoría

Teléfono

Página web

Dirección


Mercado Municipal Quiroga Ballesteros
Lugo
27001

Horario de Apertura

Sábado 11:00 - 19:00
Domingo 11:00 - 19:00