Fapacel
Federación provincial de asociacións de nais e pais do alumnado de centros de ensino público de Lugo
18/06/2026
Remata o curso, pero as demandas do CEIP Vista Alegre seguen pendentes. As familias non piden privilexios: piden un centro digno, accesible e adaptado ás necesidades do seu alumnado. O triste é que teñan que seguir saíndo á rúa para reclamar o que debería estar garantido.
A FAPACEL acompañou esta nova concentración para lembrar que detrás de cada reivindicación hai persoas, dereitos e unha comunidade educativa cansada de esperar. Porque mirar para outro lado tamén é unha decisión, e as necesidades do alumnado non poden seguir quedando para máis adiante.
05/06/2026
💙 Hoxe celebramos o Día Mundial do Medio Ambiente, unha oportunidade para lembrar a importancia de coidar a extraordinaria riqueza natural da provincia de Lugo.
🌿 Dende a Mariña ata a montaña lucense, pasando polos nosos ríos, bosques e espazos protexidos, contamos cun patrimonio natural que forma parte da nosa historia, da nosa cultura e do noso futuro.
📚 A educación ambiental é fundamental para que nenos, nenas e mocidade aprendan a valorar, respectar e protexer este entorno privilexiado.
🤝 Desde a FAPACEL seguimos apostando por unha educación comprometida coa sustentabilidade e co coidado da nosa terra.
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.
Categoría
Contacto la escuela/facultad
Página web
Dirección
Edificio Cei Nodus Concello De Lugo FAPACEL Avenida A Coruña 500
Lugo
27003
Horario de Apertura
| Lunes | 10:00 - 14:00 |
| Martes | 10:00 - 14:00 |
| Miércoles | 10:00 - 14:00 |
| Jueves | 10:00 - 14:00 |
| Viernes | 10:00 - 14:00 |