Embora Producions
15/07/2026
Tesouro pecharán a nova edición de Marola 2026 o domingo 26 de xullo en Ferrol. Será ás 13:30h nos Xardíns de Herrera con entrada de balde.
Tras a discreta disolución de Burgas Beat, Aser Álvarez e Carlos Rego decidiron seguir dando forma a aquelas cancións que parecían baixar sen esforzo desde o ceo, impulsadas unicamente polo pracer de tocar xuntos e de materializar a música. Cando consideraron que o material merecía ser gravado, decatáronse de que necesitaban un baixista; nunha desas decisións aparentemente ilóxicas que ao final resultan ser as mellores, propuxéronlle o posto a Dani Alonso, de Os Amigos dos Músicos, quen, en realidade, nunca tocara o baixo.
Aquí conmigo espertou moito interese. Apareceu en varias listas dos mellores discos de 2022 e, sorprendentemente, chegou a figurar como Álbum da semana en El Periódico, compartindo espazo con artistas como Pablo Alborán, Guitarricadelafuente e La Bien Querida e recibiu unha chea de críticas entusiastas na prensa musical.
12/07/2026
Ferrol acolle o sábado 25 de xullo o concerto de The Mean Devils dentro do marco de Marola 2026. Será ás 13:30h con entrada de balde nos xardíns de Herrera.
The Mean Devils tratan como poucas bandas o son puro e vintage do Rockabilly, o Rhythm & Blues e o Garage Rock.
Formados no Porto en 2000, a banda rapidamente converteuse nun referente da escena Rockabilly. Coñecidos como un dos mellores grupos do mundo no seu estilo, tocaron en clubs icónicos, grandes festivais e acompañaron a lendas dos anos 50 como Billy Le Riley por toda Europa.
A banda tamén realizou con éxito tres xiras por Estados Unidos, consolidando a súa reputación a nivel global. O seu álbum “A Date with Devils”, gravado polo produtor gañador do Grammy Liam Watson nos estudos Toe Rag, esgotouse rapidamente e converteuse nun clásico moderno do Rockabilly. Agora, lanzaron un novo dobre 45 con catro temas ardentes gravados no mesmo estilo auténtico.
11/07/2026
Entrada libre para os dous concertos.
El festival Marola! celebrará su tercera edición en Ferrol con conciertos de The Mean Devils y Tesouro - Galicia Ártabra Digital Los Jardines de Herrera volverán a convertirse este verano en escenario del festival Marola!, una cita que alcanza su tercera edición apostando por la música en directo y la puesta …
07/07/2026
Ola Ferrol
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.
Categoría
Contacto la empresa
Página web
Dirección
Ferrol