CFR Ferrol
21/09/2023
⚠️ ATENCIÓN! Dende o CFR de Ferrol mudamos os nosos perfís en redes sociais.
A partir de agora, poderedes atoparnos en Facebook como CFR de Ferrol. Facede click na seguinte ligazón e comezade a seguirnos:
https://www.facebook.com/profile.php?id=61551315458890
E tamén en Instagram, onde nos poderedes atopar como
https://www.instagram.com/cfrdeferrol/
11/07/2023
No marco do proxecto acreditado KA121-SCH que coordina o CFR de Ferrol, docentes do CEIP Cruceiro de Canido, CPI do Feal, IES Breamo, IES Cabo Ortegal, IES Concepción Arenal, IES de Ortigueira e IES Sofía Casanova están a desenvolver durante esta semana un curso estruturado sobre o ensino do inglés como lingua estranxeira no Mary Immaculate College en Limerick, Irlanda.
O obxectivo fundamental é a mellora metodolóxica no ensino da lingua inglesa. Para isto, estanse a abordar aspectos teóricos e lingüísticos, así como recursos, estratexias e ideas que fomenten a produción e o desenvolvemento de competencias por parte do alumnado.
🇮🇪🍀
06/06/2023
No marco da acreditación Erasmus+ KA121-SCH, o CFR de Ferrol visitou o Vilniaus Pilaitės Gimnazija, que é o centro máis innovador de Lituania 🇱🇹 no que respecta ao deseño de espazos.
Recibiunos Mindaugas Briedis, o director, nun fluxo de mobilidade no que nos acompañaron os: CEE Terra de Ferrol, CEEPR Aspanaes, CEIP Plurilingüe Ángela Ruiz Robles, CEIP Isaac Peral, CEIP José María Lage, CPR Plurilingüe Cristo Rey, CPR Valle Inclán I, IES As Telleiras, IES Concepción Arenal, IES de Canido, IES Moncho Valcarce e IES Plurilingüe Castro da Uz.
04/06/2023
O pasado venres tivo lugar no Edificio Fontán da Cidade da Cultura o acto de entrega de premios dos Retos de Polos Creativos.
O profesorado e alumnado implicado recolleron o seu premio e expuxeron o seu traballo. Parabéns!
Ademais, durante a xornada desenvolveuse un coloquio a cargo de Lluís Miralles i Verge, do CERN, así como obradoiros de papiroflexia, intelixencia artificial e mesas sísmicas.
29/05/2023
O CFR de Ferrol acompañou á Università delle LiberEtà na celebración dos seus 30 anos de traxectoria. Parabéns!
Aproveitamos a viaxe para levar a cabo unha xornada de traballo co fin de planear futuros proxectos con Italia, Finlandia e Israel no marco das nosas acreditacións Erasmus+.
🇪🇺
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.
Categoría
Página web
Dirección
R/O Galego Soto, S/n
Ferrol
15403
Horario de Apertura
| Lunes | 09:00 - 14:00 |
| 16:00 - 20:00 | |
| Martes | 09:00 - 14:00 |
| 16:00 - 20:00 | |
| Miércoles | 09:00 - 14:00 |
| 16:00 - 20:00 | |
| Jueves | 09:00 - 14:00 |
| 16:00 - 20:00 | |
| Viernes | 09:00 - 14:00 |