BNG Cerceda

BNG Cerceda

Compartir

31/01/2026

O BNG de Cerceda quere manifestar publicamente a súa total disposición a colaborar co Goberno Municipal para dar unha resposta rápida e eficaz ás familias do edificio que quedaron sen subministración de gas como consecuencia da caída dun raio.

Estamos ante unha situación excepcional, allea á vontade das persoas afectadas, que require sentido común, coordinación institucional e vontade de sumar. Desde o BNG entendemos que, nestes momentos, o máis importante é poñer os recursos públicos ao servizo da veciñanza e facilitar solucións prácticas que garantan condicións básicas de benestar e hixiene mentres non se restablece o servizo.

Por ese motivo, trasladamos ao Goberno Municipal a nosa disposición a colaborar en todo o que sexa necesario, apoiando as medidas que se consideren oportunas, como a habilitación das duchas da piscina municipal ou calquera outra alternativa viable. O noso papel, como forza política responsable, é contribuír a resolver os problemas reais da xente, deixando a un lado diferenzas e priorizando o interese común.

O BNG de Cerceda estará ao lado do Goberno Municipal e da veciñanza sempre que faga falta, sumando esforzos, achegando propostas e traballando con lealdade institucional.

¿Quieres que tu organización sea el Servicio Gubernamental mas cotizado en Cerceda?
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.

Página web

Dirección


Cerceda
15185