Normal
A norma define unha resposta que non precisa interrogación. NORMAL quer ser, porén, permanente interrogación. Isto é o normal para nós. No momento da súa construción, 1955, o edificio deseñado por Antonio Tenreiro foi a Escola Normal de Maxisterio. Así foi coñecida sempre na Coruña. Cando rescatamos o nome recoñecemos unha historia ligada á educación e, máis concretamente, ao que foi a Cidade esco
🔺 MOSTRA MUSICAL EN NORMAL
➝ Xoves 26 de xuño, 19:00
➝ Sala Cubo de Normal
O xoves 26 de xuño de 2025 os alumnos do obradoiro de Creación e Produción Musical da Área de Cultura do Campus da Coruña presentarán unha mostra dos seus proxectos e composicións na sala CUBO na NORMAL (A Coruña) ás 19:00 horas.
Os alumnos que van presentar os seus proxectos e as súas composicións son:
✴ Andrea García, “Hemos venido a brillar”
✴ Nerea Vaamonde: “4PRIL”
✴ Cristian Franganillo ” Cabecera serie de televisión”
✴ Gabriel Marquevichi “Rock Theme”
✴ Clara Múñoz, “Organic Electronic Theme”
O profesor encargado da actividade é Alfredo Manuel García Sánchez.
A entrada é de balde ata completar aforo.
15/05/2025
🔺 O próximo día 22, ás 20:30, Faia presentará na sala Cubo de Normal o seu novo disco, Alvela. A portada foi deseñada por Blanca Gracia, gañadora da IV Edición do Programa de Residencias Artísticas Centro de Arte Fundación María José Jove (FMJJ), en colaboración ca Universidade da Coruña e NORMAL.
Non volo perdades 🥰
.gracia
07/05/2025
🔺SOBRE TODO, de peza en peza
As below, so above / Así no ceo coma na terra, 2025
Caixas de luz, impresións Duratrans, madeira, espellos
9 pezas, 244 x 40 x 40 cm cada unha
Sobre todo falan as columnas que xa non suxeitan, as que flotan. Nove columnas flotantes din que alguén ilustrou escritos, ou eran máis ben promesas? O certo é que veñen de patentes. Tamén é verdade que son bosquexos de máquinas. Alguén deseñounas para extraer minerais do máis aló. Máis que mostrar aquilo que se espera construír, as liñas do debuxo reflicten a traxedia do espolio que vén.
📅 Do 10/04/2025 a 10/07/2025
📍 NORMAL, Campus de Riazor
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.
Categoría
Teléfono
Página web
Dirección
Paseo De Ronda
A Coruña
15011