A Esfarna do Ribeiro

A Esfarna do Ribeiro

Compartir

A Esfarna do Ribeiro é unha asociación cultural que nace coa convicción de revitalizar o pasado, reivindicar o presente e protexer o futuro do noso patrimonio cultural e natural, e promover actividades para dinamizar a vida cultural da comarca do Ribeiro

07/07/2026

📚✨ O Día das Letras Galegas 2027 estará adicado a Xosé Neira Vilas 💙🤍

O autor de Memorias dun neno labrego, o libro máis lido e traducido da literatura galega, recibirá a homenaxe máis importante das nosas letras.

Nado en Gres, foi labrego, carteiro por axuda do seu pai, migrante, editor, xornalista e un incansábel defensor da lingua e da cultura galegas. Dende Arxentina e Cuba levou Galiza polo mundo, creando editoriais, promovendo a literatura galega e dando voz á migración.

Nas súas obras deixou retratada a vida no rural, os soños, as dificultades e a forza da nosa xente cunha linguaxe sinxela, fermosa e inesquecíbel.

En 2027 celebraremos non só un escritor excepcional, senón tamén unha vida enteira adicada a facer que Galiza viaxase moito máis alá das súas fronteiras. 🌍📖

💬 E ti, liche algunha vez Memorias dun neno labrego?

Photos from A Esfarna do Ribeiro's post 31/05/2026

Deixamos unha pequena mostra da Andaina que levamos hoxe a cabo. Pasámolo xenial, aprendimos, partillamos, camiñamos, desfrutamos da contorna, do patrimonio e da compañia e, por suposto, homenaxeamos a Beegoña Caamaño e as tradicións e historias do pobo de Francelos.

Que bonito é O Ribeiro, que bonita é a Galiza e a súa xente!!!

24/05/2026

Lembrade!!
Próximo domingo 31 ás 10.00h no campo de futbol de Valboa!!
Percorreremos as zonas de máis referencia da parroquía de Francelos, falaremos da levada, de San Xes, en definitiva, das raices do noso povo!

E por suposto falaremos de Begoña Caamaño, escritora, xornalista, sindicalista e femista!

Que máis se pode pedir?
Ah si! Tamén teremos empanadas, viño, auga....

Temolo todo, so nós fas taltas ti!!
Anótate!!!

RUTA de dificultade BAIXA, apta para crianzas e mascotas! 6km de percorrido +/-

Se tes dúbidas co proceso, contacta con nós a tarves das mensaxes privadas!!

Photos from A Esfarna do Ribeiro's post 17/05/2026

Sempre en Galiza, sempre en Galego!

14/05/2026

Convidámoste a celebrar o Día das Letras Galegas camiñando xuntas nun percorrido polo noso territorio.

Únete a nós para desfrutar dunah xornada de culto á lingua e a cultura galegas.

📅 Data: Domingo 31 de maio

📍 Saída: Campo de futbol de Valboa, Francelos, ás 10.00h

🥾 Distancia:  6 km

Dificultade: Baixa 

💶 Prezo: Socios de BALDE, non socios 5€  — inclúe avituallamento durante a actividade e pinchos finaís (Empanadas, patatillas, aceitunas viño e auga no campo de futbol)

Número de conta: ES44 3070 0039 0864 1675 8321

Debese facer unha transferencia ao anterior número de conta en canto se faga a inscripción. Non se terán en conta as inscripcións sen transferencia.

No caso de varias inscripcións en familia, pódese facer un só ingreso coa cantidade total.

13/05/2026

🚶‍♀️🌿 ANDAINA DAS LETRAS GALEGAS 🌿🚶‍♂️

O 🗓️ 31 de maio temos unha cita! 💙🤍

📍 Saída ás 10:00h dende o Campo de fútbol de Valboa, Francelos
🥾 Percorrido de aproximadamente 6 km
💚 Dificultade baixa — apta para todos os públicos!

Durante a andaina haberá 🍎🥤 avituallamento e, ao rematar, desfrutaremos duns 🥪🍷 pinchos ben ricos para compartir un bo momento entre todas.

✨ Nesta edición celebraremos o Día das Letras Galegas e renderemos homenaxe a 📚 Begoña Caamaño, referente da nosa literatura e da defensa da cultura galega. FIGURA DE REFERENCIA NO PAÍS, GRAN SINDICALISTA E FEMINISTA.

💶 Prezo:
👥 Socias: GRATIS
🙋‍♂️ Non socias: 5€

📝 As inscricións debe facerse a través da seguinte ligazón:

https://forms.gle/5dtRJYH8yGPvKghq9

Anímate a participar e a vivir unha mañá diferente! 💫💙

Photos from A Esfarna do Ribeiro's post 09/05/2026

🔥🌿 O domingo 31 de maio pola mañá… tomamos o monte! 🌿🔥

Andamos a preparar unha xornada na natureza para toda a familia con cultura, risas e moita retranca 💥

Aproveitaremos para lembrar a Begoña Caamaño, periodista, sindicalista e feminista 💚✊

Se tes ganas de pasar unha mañá diferente, con xente boa e espírito comunitario, estate atenta as nosas redes!!

🗓️ Anota na axenda!

📢 Corre a voz!

🌱 Vémonos o 31 de maio.

¿Quieres que tu organización sea el Organización Sin Fines De Lucro mas cotizado en Ribadavia?
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.

Página web

Dirección

Ribadavia