Pablo Veiga Escritor

Pablo Veiga Escritor

Compartir

Pois aquí estou, nesta páxina, auto definíndome como escritor.

29/04/2026

Na Eoi Lugo .
Presentación
A marcha de Anxo , na versión galega e na castelá, segue o seu camiñar

Photos from Pablo Veiga Escritor's post 27/03/2026

Xosé Manuel Felpeto, de Cabreiros, Xermade. Na presentación da súa novela, Memorias dun porco teixo.
Un dos bos e xenerosos , un dos imprescindibles, implicado e comprometido co País, coa súa xente e contador de historias
Moitos parabéns 💪💪

23/02/2026

Outra Xeira

Alimentos de lonxe

Meses atrás, unha curiosa nova chamaba a atención; un barco atracado nun porto canario, procedente de Colombia, que levaba a bordo quince mil vacas destino Iraq. É dicir, que as reses -todas elas vivas, suponse- saíron dunha ou varias granxas dese país, cruzaron o Atlántico e detéronse nas Canarias. Desde a embarcación, o cheiro alertou a veciñanza, de aí que se coñecese a “carga” da embarcación. Segundo se publicaba, esta fórmula de trasladar gando vivo en grandes cantidades vía marítica, semella que é algo bastante habitual. O sorprendente ven dado polos miles de quilómetros que navega un cargueiro ata chegar ó seu punto final, e o tempo que conleva, varias semanas. Un pregúntase en que condicións viaxan eses animais durante tanto tempo, metidos nun barco, de que espazo dispoñen, a alimentación que reciben, o control veterinario, en definitiva, que garantías existen do seu benestar. Toda unha incógnita.
Nas últimas semanas están de máxima actualidade as contundentes protestas de gandeiros e agricultores galegos, así como doutras zonas da Unión Europea, motivadas polo cacareado tratado cos países iberoamericanos do Mercosur, polo que se abre a posibilidade dun fluído intercambio comercial de produtos europeos cos chegados de Brasil, Uruguai,Paraguai e Arxentina. Tratado que quedou en suspensión.
Todo resulta tremendamente complexo e imposible de sintetizar nunhas liñas. Pero o agro deste lado do mundo estase a mobilizar ante a ameaza que suporá unha competencia que entenden desigualitaria, xa que os niveis de esixencia que marcan as institucións europeas á hora de producir alimentos, son practicamente inauditos neses países de Sudamérica. Protestan os produtores de carne, pero tamén os cultivadores de patacas, hortalizas e o sector vitivinícola. Sinalan que os consumidores de aquí recibirán eses alimentos que, en primeiro lugar, xeráronse noutro continente, e a continuación, cuns controis sobre toda a cadea moi discutibles.
O concepto “Globalización” deriva nunhas consecuencias que, como todo, teñen aspectos positivos e outros que non o son tanto. Este acordo co Mercosur afectará a esa idea da economía circular, do consumo responsable, no que se pretende por en valor o produto local, de proximidade, que sabemos onde foi producido e por quen, que incide na calidade de vida das nosas comunidades.
Sinceramente, non parece ser algo contraproducente que cheguen ata os supermercados galegos carne de becerro, de cocho ou de polo que saiu das chairas paraguaias ou da Pampa arxentina? … E xa non digamos, se eses animais son trasladados vivos por mar. A imaxe dun barco no porto de Vigo, descargando reses para seren sacrificadas nos nosos matadoiros, sería impactante.
Que futuro lle agardará ás nosas razas, de contrastada calidade, deberémonos preguntar. Onde irá a chamada “soberanía alimentaria” se marxinamos os nosos propios produtos en troques doutros que nin serán mellores, nin máis saudables. Unha cousa é que veñan alén do mar froitas tropicais, ou carne doutros animais que aquí non existen, o café, o té, pero un filete de agulla de tenreira …
Cómpre darle unha volta xeitosa a todo isto, antes de que sexa demasiado tarde.

¿Quieres que tu figura pública sea el Figura Pública mas cotizado en Lugo?
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.

Categoría

Página web

Dirección

Lugo