Concello de Cerceda
07/07/2026
𝐑𝐞𝐩𝐚𝐫𝐭𝐨 𝐝𝐞 𝐜𝐞́𝐬𝐩𝐞𝐝𝐞 𝐚𝐫𝐭𝐢𝐟𝐢𝐜𝐢𝐚𝐥 𝐩𝐫𝐨𝐜𝐞𝐝𝐞𝐧𝐭𝐞 𝐝𝐚 𝐫𝐞𝐧𝐨𝐯𝐚𝐜𝐢𝐨́𝐧 𝐝𝐨 𝐂𝐚𝐦𝐩𝐨 𝐝𝐞 𝐅𝐮́𝐭𝐛𝐨𝐥 𝐀𝐧𝐞𝐱𝐨 𝐑𝐨𝐱𝐨
➡O Concello de Cerceda informa de que, con motivo da renovación do céspede artificial do Campo de Fútbol Anexo Roxo, prevese a entrega aos particulares do material retirado, co obxectivo de favorecer a súa reutilización e prolongar a súa vida útil.
✍️𝐀𝐬 𝐩𝐞𝐫𝐬𝐨𝐚𝐬 𝐢𝐧𝐭𝐞𝐫𝐞𝐬𝐚𝐝𝐚𝐬 𝐩𝐨𝐝𝐞𝐫𝐚́𝐧 𝐩𝐫𝐞𝐬𝐞𝐧𝐭𝐚𝐫 𝐚 𝐜𝐨𝐫𝐫𝐞𝐬𝐩𝐨𝐧𝐝𝐞𝐧𝐭𝐞 𝐬𝐨𝐥𝐢𝐜𝐢𝐭𝐮𝐝𝐞 𝐧𝐨 𝐑𝐞𝐱𝐢𝐬𝐭𝐫𝐨 𝐗𝐞𝐫𝐚𝐥 𝐝𝐨 𝐂𝐨𝐧𝐜𝐞𝐥𝐥𝐨 𝐝𝐞 𝐂𝐞𝐫𝐜𝐞𝐝𝐚 𝐨𝐮 𝐚 𝐭𝐫𝐚𝐯𝐞́𝐬 𝐝𝐚 𝐒𝐞𝐝𝐞 𝐄𝐥𝐞𝐜𝐭𝐫𝐨́𝐧𝐢𝐜𝐚, 𝐮𝐭𝐢𝐥𝐢𝐳𝐚𝐧𝐝𝐨 𝐨 𝐦𝐨𝐝𝐞𝐥𝐨 𝐧𝐨𝐫𝐦𝐚𝐥𝐢𝐳𝐚𝐝𝐨 𝐡𝐚𝐛𝐢𝐥𝐢𝐭𝐚𝐝𝐨 𝐩𝐚𝐫𝐚 𝐞𝐬𝐭𝐞 𝐟𝐢𝐧, 𝐚 𝐩𝐚𝐫𝐭𝐢𝐫 𝐝𝐨 𝐝𝐢́𝐚 𝟗 𝐝𝐞 𝐱𝐮𝐥𝐥𝐨 𝐝𝐞 𝟐𝟎𝟐𝟔, 𝐚 𝐩𝐚𝐫𝐭𝐢𝐫 𝐝𝐚𝐬 𝟎𝟗:𝟎𝟎 𝐡𝐨𝐫𝐚𝐬‧
➡️ https://www.cerceda.org/es/actualidad/noticias/reparto-de-ce-spede-artificial-procedente-da-renovacio-n-do-campo-de-fu-tbol-anexo-roxo
👤Cada solicitante poderá solicitar ata un máximo de 100 m², sen prexuízo de que a superficie finalmente adxudicada poida verse condicionada pola dispoñibilidade do material e polas dimensións dos rolos resultantes da retirada do céspede.
➡O material entregarase en rolos de aproximadamente 2 metros de ancho por entre 20 e 25 metros de lonxitude, cunha superficie aproximada de 40 a 50 m² por unidade, podendo variar estas dimensións en función das necesidades técnicas derivadas dos traballos de desmontaxe.
➡A presentación da solicitude non supón, por si mesma, dereito á obtención do material solicitado.
➡A distribución do céspede realizarase por rigorosa orde de entrada das solicitudes no Rexistro Xeral do Concello, ata o esgotamento do material dispoñible.
➡As persoas beneficiarias deberán asumir integramente a carga, transporte e utilización posterior do material, así como subscribir a correspondente declaración de aceptación das condicións de entrega e exoneración de responsabilidade do Concello.
➡A data de inicio do prazo de presentación de solicitudes, así como as condicións definitivas de entrega, serán obxecto do correspondente anuncio na páxina web municipal, redes sociais e taboleiro de anuncios do Concello.
28/06/2026
🌈 No Concello de Cerceda unímonos á conmemoración do Día Internacional do Orgullo LGTBI.
💜 Un día para poñer en valor a diversidade, promover o respecto, defender a igualdade e reafirmar os dereitos de todas as persoas.
🏳️🌈 Feliz Día do Orgullo!
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.
Categoría
Contacto la organización
Página web
Dirección
15185